Hyperloop One bota o peche

venres, 22 de decembro do 2023 Marcus Fernández

Hai 10 anos Elon Musk publicou unha proposta para a creación dun tubo de baleiro que uniría as cidades de Los Angeles e San Francisco para facilitar o desprazamento entre ambas urbes en só 35 minutos. Para facer iso realidade creouse Hyperloop One, compañía que chegou a contar co apoio de Richard Branson (Virgin), aínda que finalmente desligou a súa marca do proxecto cando pivotou de transporte de persoas ao de mercadorías.
Pese a que esta iniciativa resultaba moi prometedora e podía supor a reinvención do transporte (xa que permitiría velocidades por terra comparable á de rutas aéreas), as dificultades técnicas eran máis que notables e a súa viabilidade económica máis que discutible, de aí que non sorprenda que ao remate do presente ano Hyperloop One vaia cesar as súas actividades.

PUBLICIDADE