Hillary Clinton súmase ao Mannequin Challenge

martes, 8 de novembro do 2016 Marcus Fernández

A vindeira noite os norteamericanos acudirán ás urnas para decidir quen ocupará a presidencia dos EE.UU., e neste recta final os candidatos, en vez de pedir o voto, instan aos cidadán sa acudir a votar, e o feito que empregou a candidata demócrata Hillary Clinton nas redes sociais é bastante curioso, xa que aproveitou o fenómeno virá do Mannequin Challenge para chamar aos seus seareiros a «non permanecer quedos» e ir votar. No vídeo en cuestión podemos ver a boa parte do equipo de campaña de Clinton, ao seu marido Bill e incluso ao cantante Jon Bon Jovi, quen actuou nalgúns dos actos públicos da campaña, chegando a compartir escenario con outros artistas como Bruce Springsteen ou Lady Gaga.
O Mannequin Challenge ou Reto do Manequín é un meme que xurdiu en redes sociais como Twitter e Instagram ai un par de semanas (atribuíndose a orixe a uns alumnos dun instituto de Jacksonville) e que conseguiu un grande efecto viral especialmente pola participación de atletas e deportistas que conseguiron facer pezas bastante impresionantes nas que, mentres se move a cámara, as persoas permanecen inmóbiles simulando que o tempo está conxelado, lo que podería considerase como unha versión sen complicacións técnicas do tempo bala do filme Matrix ou das secuencias en cámara superlenta das dúas últimas películas dos X-Men.
Entre as pezas que se sumaron ao #MannequinChallenge destacan as achegas do equipo masculino de ximnasia da academia da Armada de West Point, do equipo feminino de ximnasia da Universidade Brigham Young, dos Dallas Cowboys, dos Milwaukee Bucks, do equipo de deportes de FOX Sports ou da cantante Adele.

PUBLICIDADE