Hackean a Nintendo Wii abrindo a porta ás aplicacións caseiras

xoves, 3 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández


Demostración do hackeo da Wii

Un grupo de desenvolvedores atoparon o xeito de executar as súas propias aplicacións na consola Nintendo Wii, o que podería servir para elaborar xogos caseiros, emuladores ou outras utilidades como xa facían coa Gamecube (de feito, os xogos desenvolvidos para tal consola funciona mediante este método) como deron a coñecer durante unha presentación no 24º Congreso Chaos Communication en Berlin.
Michael Steil e Felix Domke demostraron o seu propio código correndo na consola e facendo uso dos recursos do sistema, para o que tiveron que extraer as chaves coas que se asina o código para Wii, aínda que non se sabe se Nintendo tomará medidas polo hackeo que supostamente podería permitir a creación de xogos para Wii en DVD.

PUBLICIDADE