HOT merca ReallyLateBooking

xoves, 19 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos anos foron varios os proxectos español que baseándose en dispositivos móbiles buscaban achegar ao público ofertas de reservas de hoteis de última hora, entre os que destacamos no seu día ReallyLateBooking, por ser un traballo de IIPIR (compañía que repartida entre Madrid e A Coruña), polo que hoxe temos que dar conta de que o proxecto mudou de mans, pois tras acumular máis de 300.000 descargas das súas aplicacións para iOS e para Android, chamou a atención dun dos seus competidores, HOT, que decidiu adquirilos para consolidarse como unha plataforma de reservas no último minuto líder en Europa, para o que terán que competir duramente con outras empresas como a tamén española Blink, que vén de ser adquirida por Groupon, deixando claro o interese por este tipo de iniciativas.

PUBLICIDADE