Grande actualización da aplicación de Facebook para Windows Phone 8

luns, 1 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Os usuarios de móbiles con Windows Phone 8 están a recibir dende hoxe unha importante actualización da aplicación oficial de Facebook, que realmente é a aplicación que leva uns meses en probas como Facebook Beta, decidindo Microsoft que xa era hora de que pasase a converterse na aplicación oficial da plataforma social de Mark Zuckerberg tras a súa maduración e sen pechar realmente a aplicación en probas, que manterase para que os usuarios que queiran estar á última poidan probar as novidades que se irán a incorporando na aplicación paulatinamente (aceptando así o risco que supón empregar unha aplicación en probas). Os usuarios de Windows Phone 7.x tamén recibirán esta actualización durante o verán.
A nova versión de Facebook para Windows Phone 8 supón un importante cambio na aparencia da aplicación, que presenta melloras na navegación, soporta imaxes de alta resolución, facilita compartir entradas... en definitiva, supón un avance nunha aplicación que consegue ter unha personalidade de seu nos sistema operativo móbil de Microsoft, sen parecer unha adaptación das aplicacións oficiais de Facebook para iOS e Android.

PUBLICIDADE