Gradiant e o Campus do Mar deron a coñecer as potencialidades das convocatorias de Horizon 2020

martes, 24 de decembro do 2013 Redacción

Gradiant e o Campus do Mar veñen de organizar dúas xornadas de difusión sobre as convocatorias do novo Programa Marco Europeo Horizon 2020, grazas ó apoio de programa europeo LiftGate. As xornadas estiveron dirixidas a investigadores e persoal interno, e comezaron coa análise das características das distintas liñas de traballo que contén o Programa Marco. Tamén se abordaron asuntos de utilidade de cara ás convocatorias que comezaron xa en decembro.
As sesións contaron coa presenza e a participación de expertos e expertas que explicaron polo miúdo as características que deberán de ter os proxectos que se vaian presentar á financiamento do Programa Marco. Para iso, incidiron especialmente no estudo de casos prácticos de éxito nas convocatorias anteriores, nomeadamente iniciativas do Sétimo Programa Marco.
Lembrar que o centro galego Gradiant atesoura unha importante bagaxe no que se refire a proxectos deste seventh framework, polo que o seu responsábel de proxectos europeos do Centro Tecnolóxico, Marcos Álvarez, resultou ser o relator ideal para explicar as boas prácticas neste eido. Por último, salientar que Horizon 2020 abrangue un investimento de 70 mil millóns de Euros en proxectos de I+D+i, repartidos entre os anos 2014 e 2020.

PUBLICIDADE