Gradiant e Campus Terra presentan en Europa o seu proxecto común de innovación para o agro galego
venres, 9 de xuño do 2017
- Alfonso Ribas, Luis Pérez Freire e Ismael Martínez na presentación da iniciativa galega en Irlanda
O
Polo de Innovación Dixital para o agro galego impulsado por Gradiant
e a USC,
do que xa temos falado en Código Cero con motivo dos seus desafíos
e obxectivos (achegar recursos e
solucións que favorezan a futura sustentabilidade e rendibilidade do
noso eido agroalimentario), vense de
presentar en Europa perante centros de investigación, persoeiros
públicos e investidores dunha manchea de países. Na cita
participaron representantes do Centro Tecnolóxico Gradiant,
emprazado en Vigo, da Universidade de Santiago e
da Xunta. A presentación levouse a cabo no
marco do seminario Polos
de innovación dixital: principais correntes na dixitalización da
agricultura, organizado
polo Partenariado
Europeo para a Innovación da Produtividade Agrícola e a
Sustentabilidade (EIP-AGRI, polas súas siglas en inglés).
Segundo
fixeron saber os seus impulsores, o Polo
de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario constitúe
unha
proposta nova
e pioneira
que integra
produtores agrícolas con vontade de transformación, por unha banda,
e
provedores tecnolóxicos e
centros de coñecemento e innovación, pola outra.
- O comisario europeo de Agricultura, Phil Hogan
Luis
Pérez Freire, director xeral de Gradiant, e Alfonso Ribas, en
representación do Instituto
Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL),
dependente da Consellería
do Medio Rural da Xunta de Galicia;
acompañados de Ismael Martínez da Cooperativa CLUN, presentaron as
actividades realizadas até o de agora no marco do Polo de Innovación
Dixital, así coma os vindeiros
pasos que se darán para, nas súas
palabras, “impulsar a dixitalización do sector”.
En palabras de Pérez Freire, “o feito de que desde a Comisión
Europea invitasen á iniciativa galega como exemplo de boas prácticas
no tocante á colaboración público-privada supón un recoñecemento
ao bo traballo que se vén
realizando”, e unha “proxección internacional” de Galicia como
pioneira no eido
da innovación aplicada ao rural.
O
evento, que se celebrou na cidade irlandesa de Kilkenny o 1 e 2 de
xuño, reuniu aos responsábeis
de políticas públicas, representantes de centros tecnolóxicos e de
investigación, representantes do sector agroalimentario e
investidores dos
24 estados membro da Unión Europea; e tivo ademais coma principal
obxectivo compartir experiencias, boas prácticas, barreiras e
prioridades á hora de establecer hubs
dixitais de innovación para o sector agroalimentario en Europa.
- Luis Pérez Freire amosando os resultados do polo de innovación dixital perante os investigadores europeos
Louvanzas
ao proxecto galego
Segundo
fixeron saber os seus impulsores (Gradiant, USC e Xunta)
o Polo
de Innovación Dixital para o sector agroalimentario de Galicia
recibiu unha
chea de eloxios
por parte do persoal da Comisión Europea, responsábeis
de políticas públicas dos Estados Membro e de centros de
investigación europeos. Ademais,
a presenza de Galicia como relatora convidada nesta sesión da
EIP-AGRI “representa o recoñecemento internacional á estratexia
de innovación no sector agrario impulsada desde o Goberno
galego”, indicou
Alfonso Ribas, que fixo
fincapé na
boa acollida da proposta da
nosa terra e no seu carácter de referente. A
proposta, de feito, recibiu unha
mención expresa por
parte do comisario
europeo
para Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan,
quen no seu
discurso de clausura felicitou a
Galicia e a
Toscana (Italia) polos
traballos
desenvolvidos
neste ámbito da innovación aplicada ao
rural.