Gradiant avalía este venres os proxectos galegos abeirados ao Programa Europeo REGPOT
xoves, 4 de setembro do 2014
A sede de
Gradiant no Campus de Vigo (edificio CITEXVI) vai acoller este
venres, a partir das 10.00 horas, unha xornada dirixida a avaliar o
impacto e o retorno de tres proxectos financiados a través do
Programa Europeo REGPOT. Trátase dos proxectos LIFTGATE (Gradiant),
BIOCAPS (Instituto Biomédico de Vigo) e FAIERA (Aimen). Estas tres
iniciativas, que converten á nosa terra nun caso excepcional en
Europa e en materia de I+D, suman un retorno de 8,5 millóns de euros
para Galicia.
Segundo avanza Gradiant,
“por si mesmos contribúen a elevar a marca de calidade do I+D+i
galego a nivel europeo en tres ámbitos de relevancia como son as
TIC, a biomedicina e a fabricación avanzada”. Avalialos en detalle
ó gran obxectivo da xeira de mañá, que contará coa presenza de
Manuel Varela, director xeral da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
e representantes de Gradiant, Aimen e Instituto Biomédico de Vigo
Amais de examinar o
devandito nivel de retorno, tamén está previsto afondar nas
posibilidades de interacción e nas posíbeis sinerxías que acubilla
en relación á Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia
(RIS3).