Google traballa en solucionar o problema de fragmentación de Android

martes, 30 de marzo do 2010 Marcus Fernández

En 2009 foi cando HTC amosou os seus primeiros terminais con Android en Barcelona

Durante o ultimo ano o sistema operativo para móbiles promovido por Google, o Android, tivo varias actualizacións de xeito que actualmente no mercado conviven as súas versións 1.5, 1.6, 2.0 e 2.1, o que supón un importante problema de fragmentación, que ao parecer Google ten pensado frear coa vindeira entrega de Android, que estaría pensada para manterse a un prezo máis longo, de xeito que deixarían de enfocar o seu traballo ao sistema operativo para centrarse nas aplicacións.
A fragmentación supón un grande problema para Android, pois a posibilidade de que existan aplicacións que funcionen nuns terminais si e noutros non limita o público potencial das mesmas e discrimina aos usuarios, pero cando isto deixe de ser así permitirá que Android poida comezar a competir dun xeito máis serio co iPhone OS coma plataforma de aplicacións móbiles.
Pese a que estamos na versión 2.1 de Android, aínda chegan ao mercado terminais coa versión 1.5, e fabricantes e operadoras están a demorar moito a actualización de Android, polo que están a traballar na posibilidade de segregar algúns elementos do sistema operativo para integralos nas aplicacións, o que permitiría o uso das mesmas en terminais que non estean actualizados.

PUBLICIDADE