Google renova o seu sistema de indexado de páxinas web

mércores, 9 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Pese a que o normal é que dende Google anuncien servizos novos con certa frecuencia, a compañía non esquece o seu negocio principal, as buscas na web, e tras moitos meses de traballo presentan o seu novo sistema de indexado de páxinas web chamado Caffeine (cafeína en inglés) que consegue dar uns resultados de busca un 50% máis frescos que o seu sistema de indexado anterior, de xeito que as novas, as entradas en blogs ou os comentarios en foros aparecerán máis rapidamente coma resultados de busca, avanzándose cara unha busca en tempo real.
Co noso sistema pásase de distribuír a información en capas con distintas prioridades a unha solución baseada en pequenas porcións que deixan nun segundo plano a data e o lugar dende as que se actualizaron, gañando en efectividade as buscas.
Caffeine procesa centos de milleiros de páxinas web en paralelo cada segundo, conta cunha base de datos cun almacenamento de preto de 100 millóns de gigabytes e incorpora nova información a razón de centos de milleiros de gigabytes ao día.

PUBLICIDADE