Google recupera as Tendencias de Busca en España
martes, 24 de xaneiro do 2023
Google
está a destacar que na páxina de Google Trends en España podemos consultar as Tendencias
de Busca, ferramenta que chega tras o regreso de Google News o ano pasado,
e que axuda a explorar en tempo real as tendencias de Busca de Google xunto cos
artigos correspondentes.
Deste xeito calquera persoa pode coñecer os temas que xeran maior interese,
aÃnda que esta funcionalidade é especialmente práctica para os profesionais da
información, que poden tomar asà o pulso da actualidade.
Aproveitando que hoxe é o DÃa do Xornalista en España, dende
Google comparten algúns exemplos de tendencias recentes nas últimas 2 semanas
no territorio español:
– Bizarrap foi unha das buscas de persoas
en tendencia, seguido por Shakira e Gerard Piqué.
– A pelÃcula en tendencia foi Los
CrÃmenes de la Academia, cun aumento do 900% en interese.
– A estrea de La Piedad, de
Eduardo Casanova, provocou un incremento do 750% en interese nas buscas polo
director, destacando o feito de que as persoas que realizaron tal consulta
tamén buscaron por AÃda, a serie de televisión que o fixo famoso.
Google lembra que estas ferramentas para coñecer as tendencias de busca permiten
consultar a información por data, por tendencias, por temas ou por lugares;
permitindo tamén realizar comparacións; aÃnda que salientan que estes datos só
reflicten un interese en temas puntuais durante un perÃodo de tempo especÃfico,
e non deberÃan confundirse os resultados con enquisas.