Google quere deixar de censurar o seu buscador en China

mércores, 13 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Tras catro anos en China, o buscador Google podería cambiar a súa política co país asiático, e anunciaron que van iniciar negociacións co Goberno chinés para deixar de censurar o seu buscador, de xeito que se as autoridades non aceptan as súas pretensións poderían rematar pechando Google.cn e as súas oficinas en China.
Ata o momento Google opera en China grazas a un acordo co Goberno chinés no que o buscador comprométese a aplicar un sistema de autocensura nas buscas, o que valeulle múltiples críticas no pasado.
Actualmente Google conta cuns 360 millóns de usuarios chineses, polo que o seu órdago parece pouco crible (de cara ao longo prazo), aínda que hai que recoñecer que o buscador Baidu dobra a súa cota de mercado en China.

PUBLICIDADE