Google presenta unha solución de busca para tendas virtuais

xoves, 5 de novembro do 2009 Marcus Fernández

De cara á campaña de Nadal, Google decidiu presentar o servizo Google Commerce Search, que ofrecen a establecementos comerciais na web que desexan facilitar aos seus clientes a localización de produtos cunha alta velocidade e precisión, escalabilidade, integración con outros produtos de Google e buscas específicas para o comercio electrónico (buscas paramétricas, ordenación de resultados, corrector ortográfico, suxestión de sinónimos, refinamento de buscas…).
Estariamos ante un produto na nube aplicado ao comercio electrónico, que polo momento estaría restrinxido a tendas en inglés, e que pagaríase segundo o seu uso (partindo de 50.000 dólares ao ano), pero é un interesante servizo comercial de Google, que serve para ilustrar que o negocio do buscador non está só baseado en servizos de balde financiados con publicidade, senón que poden crear auténticos produtos de peso polo que moitas compañías poden querer pagar ante a garantía que supón Google coma provedor de servizos.


Presentación en vídeo de Google Commerce Search

PUBLICIDADE