Google presenta o seu propio navegador GPS para terminais con Android 2.0
mércores, 28 de outubro do 2009
Os mapas de
Google poden consultarse dende o móbil dende hai máis de 4 anos, pero esta
prestación estaba bastante limitada, aÃnda que nos últimos tempos foi
incorporando prestacións como a localización xeográfica (mediante GPS) e agora
dá un paso máis aló e anuncian a versión de proba de Google
Maps Navigation para dispositivos co sistema operativo Android 2.0
(de xeito que o primeiro terminal no que virÃa incluÃdo serÃa o Motorola
Droid).
Esta nova caracterÃstica converte
o sistema de mapas de Google nun navegador GPS completo, con vistas
en 3D, guÃa por voz paso a paso e reaxuste automático de rutas, asà coma outras
moitas prestacións que poden achegarse grazas ao acceso á Internet dos
terminais Android: mapas actualizados e información de negocios, buscas
sinxelas (pódese preguntar directamente pola localización dunha empresa para
trazar logo a ruta á súa sede), busca por voz, visualización do tráfico, buscas
en ruta (que permitirÃan localizar estacións de servizo ou restaurantes durante
as nosas viaxes), vista de satélite (os mapas poden gozar de imaxes
fotográficas) e vista a pé de rúa (que en breve poderÃa incorporar a varias
cidades galegas, de xeito que teremos vistas de 360 graos das súas rúas).
As consecuencias a este novo lanzamento de Google non se fixeron esperar, e as
cotizacións bolsistas de TomTom e Garmin, compañÃas que centran a súa
actividade nos navegadores GPS, padeceron unhas caÃdas
do 20 e o 15% respectivamente e, aÃnda que o sistema de Google aÃnda
deberá mellorar bastante para ser unha ameaza para estas empresas, o feito de
que vaian aparecendo versións para distintos móbiles de Google Maps Navigation
poderÃa reducir considerablemente as vendas de dispositivos GPS dun só
propósito.
- TomTom e Garmin caeron na súa cotización bolsista tras a presentación de Google Maps Navigation
|