Google prepara un programa piloto para os seus automóbiles autónomos
mércores, 28 de maio do 2014
Hai
máis de tres anos e medio Google iniciou un proxecto que parecÃa de ciencia
ficción, a creación dun automóbil sen condutor, o que era un reto que parecerÃa
inabarcable por ter que combinar numerosas tecnoloxÃas dun xeito que non se
fixera nunca, pero en todo este tempo conseguiron chegar a
desenvolver prototipos realmente prometedores como o que veñen de presentar,
e que sorprende principalmente por carecer de volante e pedais, xa que a
condución realÃzase totalmente por software e unha serie de sensores que
facilitan que o usuario só teña que preocuparse de marcar o destino e pór o
cinto de seguridade.
AÃnda que poida dar certo medo un vehÃculo que funcionase sen un condutor
humano, estamos ante un automóbil que poderÃa ser bastante seguro, pois os seus
sensores evitan os puntos cegos, pode detectar obxectos a bastante distancia en
todas as direccións e nos modelos actuais incluso poderÃamos desprazarnos ata a
40 quilómetros por hora, velocidade que aÃnda é limitada, pero que serÃa
dabondo para desprazamentos en cidade, resultando de grande utilidade para
persoas con eivas para a condución (como invidentes ou cidadáns de avanzada
idade).
Google pretende construÃr un cento destes vehÃculos para finais do verán, para
que poidan probarse intensivamente no mundo real, aÃnda que nestes primeiros
modelos colocarán controis manuais. Desenvolverase asÃ, durante un par de anos,
un programa piloto no estado de California que poderÃa servir para marcar o camiño
do futuro da automoción.
Os interesados neste proxecto xa poden seguilo a través da
súa páxina en Google+.
VÃdeo no que podemos ver un prototipo de coche autónomo de Google en funcionamento