Google: o lugar de traballo soñado para os estudantes universitarios europeos

martes, 17 de xullo do 2007 Fernando Sarasketa

Google, ademais do buscador mellor inserido nos miolos da gran maioría dos internautas (hai internautas que pensan que Google é o mesmo cá Rede, e viceversa), semella estar presente (tamén) nas oracións dunha boa parte dos futuros demandantes de emprego do planeta. Dito doutro xeito: todo o mundo devece por traballar en Google, cada enquisado achegando a súa visión particular do “paraíso”: para os galegos e para as galegas, é probable que Google sexa un lugar onde só chova mentres traballamos. Sexa como sexa, para unha boa parte dos estudantes de novas tecnoloxías Google maniféstase como o espazo de traballo que achega meirande calidade de vida e meirandes opcións para a creatividade e a innovación.
Polo menos, así o reflicte un estudo da firma sueca Universum, que dende hai doce anos realiza enquisas ós licenciados TIC co obxectivo de saber cales son as empresas nas que devence por traballar.
Como dixemos, Google figura en primeiro lugar, seguido de Porsche, Ferrari, IBM (que o ano pasado figuraba no primeiro posto do ranking de “paraísos” laborais), Airbus, BMW, Siemens, Audi, Sony e Nokia. Máis concretamente, o buscador creado por Sergey Brin e Larry Page foi salientado como primeira opción polo 17% dos 8.000 estudantes convocados en 100 universidades europeaas.
Na imaxe, equipaxe “google”, visto no caderno de MINI Wombat en Flickr.

PUBLICIDADE