Google merca o garaxe no que iniciou a súa vida

xoves, 5 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Garaxe do nacemento de GoogleGoogle mercou o garaxe de Silicon Valley no que naceu o buscador fundado por Larry Page e Sergey Brin a finais de 199, e deste xeito a compañía poderá conservar parte da súa historia.
Cando comezou a operar o popular buscador, Page e Brin (aínda sendo estudantes) alugaron o garaxe a Susan Wojcicki, o que foi o seu comezo coma emprendedores, tralo que achegaron 1 millón de dólares de investidores. Así naceu unha das empresas máis importantes do mundo, que en só 8 anos se converteu nun referente de éxito, continuando tamén cunha tradición norteamericana que dá a entender que as empresas tecnolóxicas nacen habitualmente nos garaxes (tanto Apple como HP así o fixeron).
Agora Google xa é a propietaria do edificio completo sito a poucos quilómetros de Mountain Views (California), que xa é un lugar turístico, e empregará a residencia para acoller a hóspedes de paso.

PUBLICIDADE