Google merca Songza

mércores, 2 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Google continúa a mercar outras compañías, e a última incorporación ao xigante de Montain View é a empresa de streaming musical Songza, que anuncia na súa páxina web que agora forma parte de Google, o que non suporá ningún cambio inmediato no servizo. Nesta operación podemos ver paralelismos coa compra de Beats por parte de Apple, xa que vese unha tendencia por parte das grandes empresas tecnolóxicas na que buscan posicionarse mellor no mercado musical.
O servizo de Songza consiste na creación de listaxes de reprodución temáticas moi traballadas, que buscan adaptarse ao estado de ánimo do usuario, achegando seleccións musicais moi completas que poden atoparse non só por artista, canción ou xénero, senón tamén por temática, intereses, épocas... o que permite descubrir moita música axeitada para case calquera ocasión, distando dos sistemas de recomendación automática que teñen moitas plataformas de radio en liña.

PUBLICIDADE