Google libera a súa API de xeolocalización para Gears

luns, 25 de agosto do 2008 Marcus Fernández

As últimas versións de Google Maps para móbiles permite localizar ao usuario mediante GPS ou triangulando a posición das antenas de telefonía, e esta información recollida pode resultar moi interesante para o desenvolvemento de aplicacións web que se adapten segundo o lugar no que nos atopemos, polo que Google vén de publicar a Geolocation API para Google Gears, de xeito que móbiles (baseados en Windows Mobile ou no futuro Android) e portátiles compatibles con esta tecnoloxía (no caso de ordenadores o posicionamento baséase no enderezo IP dos mesmos).
As posibilidades da xeolocalización mediante esta solución serían só un paso máis para a evolución dos servizos que poidan aproveitar os datos de posición do usuario para un mellor desenvolvemento e personalización, o que tamén terá moito valor de cara á súa explotación publicitaria (pois pode dar prioridade aos anuncios máis locais), aínda que polo momento esta API de xeolocalización só está dispoñible para dispositivos compatibles con Google Gears.

PUBLICIDADE