Google leva o seu Near Me Now ao iPhone

xoves, 14 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Google continúa a avanzar na busca local, e tras a estrea da tecnoloxía Near Me Now nos dispositivos co sistema operativo Android 2.0.1 ou superior chega agora aos iPhone que gocen cunha versión do firmware igual ou superior á 3.0, de xeito que ao acceder á versión en inglés de Google dende o navegador do móbil de Apple podemos acceder a información sobre restaurantes, cafeterías, bares, bancos e outros puntos de interese preto de nós, o que resulta especialmente de utilidade nas viaxes, aforrando ao usuario o indicar a posición actual (xa que tal información pode determinarse mediante GPS).

PUBLICIDADE