Google leva o recoñecemento de voz ao iPhone

venres, 14 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Segundo o New York Times, Google estreará nas vindeiras horas na tenda de aplicacións de Apple o Google Voice Search para o iPhone, de xeito que os usuarios do terminal telefónico poderán realizar consultar a través da súa propia voz, que o sistema recoñecerá a través de tecnoloxía de recoñecemento de voz, o que serviría principalmente para amosar información localizada xeograficamente (lembremos que o iPhone 3G contan con GPS).
O recoñecemento de voz fai moito máis naturais as consultas, pero tamén conta con pouca precisión, aínda que o feito de que achegar este tipo de tecnoloxía ao iPhone pode incrementar o seu uso de xeito importante, o que contribuirá inicialmente á mellora do servizo (pois enriquecerá a súa base sonora).
Entendemos que este sistema está optimizado o seu uso por parte de norteamericanos falando en inglés, e adaptar esta plataforma a outras falas e acentos podería ser bastante complicado, xa que o recoñecemento de voz precisa de longos períodos de adestramento do sistema, polo que entendemos que non veremos Google Voice Search en español ou galego ata dentro de bastante tempo.

Gummi Hafsteinsson e Vic Gundotra son os investigadores da Universidade Carnegie Mellon que desenvolveron o sistema de recoñecemento de voz que inclúe o Google Voice Search para o iPhone

PUBLICIDADE