Google leva o arquivo fotográfico da revista LIFE á web

mércores, 19 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O servizo de busca de imaxes de Google permitirá a consulta dos preto de 10 millóns de fotografías que compoñen o arquivo fotográfico da revista LIFE, estando xa accesible sobre o 20% destes fondos, polo que podemos ver na Internet toda unha serie de imaxes captadas polas cámaras de mestres da fotografía coma Alfred Eisenstaedt, Gjon Mili e Margaret Bourke-White, retratos de personaxes históricos (dende Marie Curie ata Pablo Picaso, pasando por figuras máis actuais coma George Lucas), documentación gráfica de momentos históricos (a chegada do home á lúa, a guerra de Vietnam, etc.), imaxes que reflicten acontecementos deportivos e actividades culturais e, en definitiva, todo un catálogo de imaxes tomadas dende mediados do século XVIII.

Dentro do arquivo de LIFE están moitas das portadas da revista TIME

As imaxes atopadas se poden visualizar a un tamaño bastante grande, incorporando unha marca de auga para indicar claramente que os dereitos de reprodución das mesmas corresponden a LIFE, e incluso se achega a posibilidade de mercar unha copia impresa e enmarcada das nosas fotografías favoritas.
Con esta iniciativa dá a impresión de que Google podería comezar a competir cos moitos servizos de bancos de imaxes que operan a nivel mundial (vendendo imaxes de alta resolución para uso comercial), aínda que a compañía non manifestou os seus plans de futuro a este respecto.

PUBLICIDADE