Google fai máis sociais os seus resultados de busca

xoves, 17 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Para mellorar os seus resultados de busca Google vén de actualizar o seu aproveitamento do Google Social Search, de xeito que mesturará resultados da web en xeral con contidos compartidos polos nosos amigos á vez que faise máis doada de comprender a busca social engadindo anotacións ás ligazóns que compartan coñecidos en Twitter e outras páxinas web (coma Flickr e Quora). Loxicamente estes novos resultados integrandos en Google só serán visibles para cada usuario (pois están feitos á súa medida, baseando no seu perfil en Google), de aí que tamén mellorasen o control sobre as contas que podemos conectar co noso perfil.
Para entender mellor o funcionamento destas novas prestacións podemos ver o seguinte vídeo:

PUBLICIDADE