Google engade a visualización a pé de rúa ós seus mapas

xoves, 31 de maio do 2007 Marcus Fernández

Mentres Microsoft engade ós seus servizos de mapas visualizacións tridimensionais e a capacidade de ver as poboacións a vista de paxaro, Google prefire engadir un punto de vista máis persoal, que chaman Street View, ou sexa, vista de rúa, o que nos podería lembrar á guía de QDQ, que xunto co teléfono, o enderezo e o mapa de localización dos establecementos buscados tamén incorpora unha fotografía das fachadas dos mesmos (cando menos, nas tendas de Santiago de Comostela), o que resulta moi útil para a súa localización no mundo real.
O novo servizo de mapas de Google coa vista a pé de rúa só conta polo momento coas cidades de New York, San Francisco, Denver, Las Vegas e Miami, pero agardan engadir paulatinamente todo o mundo, no que constituirá unha ferramenta moi interesante para non perderse, especialmente en futuras integracións con sistemas GPS.
A Street View non só presenta imaxes de fachadas de edificios, senón que permite somerxese nunha vista de 360º permitindo incluso facer zoom a detalles que sexan do noso interese, dándonos así unha referencia espacial sen precedentes.

PUBLICIDADE