Google descúlpase perante o Vaticano por ligar a súa web con pedofilo.com

martes, 20 de xullo do 2010 Fernando Sarasketa

Os erros de Google semellan cada día máis lapsus mentais dos que deixan en evidencia: deses que falan máis de quen os comete cós propios acertos. Deste xeito, non deixa de parecer un erro semiconsciente o feito de que o xigante buscador ligase a páxina web do Vaticano co sitio pedofilo.com, malia que Google xa se apresurase a aclarar que se trata dunha simple equivocación motivada por un ataque externo ou un erro de indexación á que se lle atopou solución de contado. A empresa, que xa se desculpou polos feitos onte mesmo perante os responsables do Vaticano, tamén fixo saber que se atopa avaliando a situación e procurando as causas exactas do incidente, que hai quen apunta (como o xornal italiano La Repubblica) que puído vir de dentro, tal era o nivel de coñecemento dos sistemas de Google de quen o perpetuou.
Por certo que este consistiu nun simple redireccionamento a través do buscador. Así, quen escribise “vatican” ou “vaticano” no mesmo puído descubrir como se lle levaba directamente á devandita web pedofilo.com, sitio por outra banda inaccesible, malia ser un dominio recoñecido da empresa mexicana Gionbajo.

PUBLICIDADE