Google completa a adquisición de DoubleClick

mércores, 12 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A Comisión Europea autorizou a compra da empresa de publicidade DoubleClick por parte de Google, por considerar que non afectará de xeito negativo á competencia no mercado europeo.
Dende Bruxelas estiman que é moi improbable que a fusión das dúas compañías prexudique ós consumidores polo seu efecto no mercado de colocación de anuncios (ou de intermediación publicitaria) pois aínda continuarán a existir competidores relevantes coma Yahoo ou Microsoft.
Grazas á autorización comunitaria a adquisición de DoubleClick por parte de Google xa é oficial e se concretou este mesmo martes, rematando unha operación que se iniciara en abril de 2007.

PUBLICIDADE