Google comeza a presentar resultados de busca de Twitter dende o móbil

martes, 19 de maio do 2015 Marcus Fernández

A partires de hoxe nos EE.UU. os usuarios da aplicación de Google para iOS e Android, así como a versión móbil da web do buscador (en inglés), poden acceder en tempo real a contidos publicados en Twitter dentro dos resultados de busca, funcionalidade que espérase que en breve chegue á versión de escritorio da web de Google e tamén a máis países.
Deste xeito, cando realicemos unha busca sobre unha celebridade, aparte de páxinas web, Google amosaranos algúns dos seus chíos recentes, mentres que se buscamos sobre un cancelo atoparemos as novas e os chíos máis relevantes sobre tal temática.
No caso de premer sobre algún dos resultados achegados de Google, accederemos a Twitter, para así poder ver a fonte da información e poder descubrir contido adicional sobre a mesma (así como a conversa social na que está integrada).

PUBLICIDADE