Google+ comeza a integración de xogos
venres, 12 de agosto do 2011
Para achegarse a Facebook a plataforma Google+ ten aÃnda que incorporar
moitas funcionalidades, como espazos para empresas, aplicacións e, por suposto,
videoxogos, pero este último elemento vai camiño de solucionarse, e dende
Google xa anuncian que comezaron
a súa implantación en Google+, de xeito que nos vindeiros dÃas vermos a
incorporación de xogos como Diamond Dash,
Angry Birds, Bubble Island, Crime City,
Dragons of Atlantis, Zombie Lane, Zynga Poker, Sudoku, Dragon Age: Legendse outros, que estarán dispoñibles dentro dunha nova
icona na interface de uso de Google+ (á dereita da de cÃrculos) e que
permitirán elementos sociais como compartir as nosas últimas puntuacións, cunha
grande diferenza con respecto a Facebook: se un usuario non está interesado nos
xogos tampouco visualizará as actualizacións sobre os mesmos dos seus cÃrculos,
evitando asà un tipo de información que pode resultar sumamente molesta (por
engadir moito ruÃdo ao fluxo informativo).
Os xogos están a introducirse de xeito gradual entre os usuarios de Google+,
recomendando dende Google aos seus usuarios que os proben, e que reporten os
fallos detectados nos mesmos, pois son conscientes de que estamos ante unha
nova funcionalidade en probas.