Google axuda a predicir o gañador de Eurovisión

venres, 8 de maio do 2009 Marcus Fernández

Do 11 ao 16 de maio terá lugar a vindeira edición do Festival de Eurovisión en Moscú, e a xeito de curiosidade a xente de Google quixo xogar a facer de Rappel e prepararon un gadget que axuda a seguir a popularidade dos participantes no certame para intentar predicir cal será o gañador.
A aplicación baséase na análise estatística das buscas en Google, o que traduce nas puntacións que obterían os distintos intérpretes tendo en conta as normas de votación do concurso, quedando unha información que dá a entender que a candidata española, Soraya, ten poucas posibilidades:

PUBLICIDADE