Google avanza nas buscas en tempo real

luns, 22 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Dende Google levan bastantes meses traballando na integración da busca en tempo real a través do seu buscador web, de xeito que os resultados en redes sociais, blogs, servizos de microblogging e webs de novas poidan amosarse nun lugar preferente cando corresponda (ou sexa, que ao buscar sobre un tema de actualidade, a información máis recente teña prioridade). Agora , grazas a colaboración de Facebook, MySpace, Twitter, FriendFeed, Jaiku e Identi.ca con Google, moitas das actualizacións dos usuarios destas plataformas intégranse nos resultados de busca, o que tradúcese nunha maior riqueza e efectividade das consultas, que van máis aló do que estamos afeitos, e son capaces de distinguir entre información estable e fugaz, dando o peso que corresponde a información de última hora se procede.
O usuario de Google ao realizar buscas tamén pode seleccionar nos resultados se quere ver información publicada en toda a web, webs de novas, blogs, actualizacións nos servizos mencionados, en newsgroups e outros buscadores da compañía (coma os que rexistran libros, imaxes e vídeos).

PUBLICIDADE