Google asigna 2,5 millóns de euros para que os medios europeos innoven no ámbito dixital

xoves, 25 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Aínda que dende Google rexeitaron de xeito firme atender ás demandas de patronais de medios de comunicación que pretendían cobrarlles un canon por facilitar o acceso aos seus contidos dende os seus buscadores, para calmar aos medios crearon a Digital News Initiative na que existe un Fondo de Innovación con 150 millóns de euros para incentivar novos xeitos de pensar e para dar ás organizacións europeas de novas a posibilidade de experimentar a innovar no mercado dixital, e finalmente sabemos como está a funcionar esta iniciativa grazas ao anuncio feito polo director xeral de Google, Sundar Pichai, en París, onde deu conta de que 128 organizacións de 23 países europeos van recibir financiamento na primeira quenda de presentación de proxectos (na que se repartirán máis de 27 millóns de euros.
No caso español será 8 as organizacións que recibirán un total de 2.543.670 euros, dos que polo momento só adiantan o caso de Eldiario.es, medio que creará un sistema de financiamento xornalístico para identificar grupos especializados de audiencias e convidalos a financiar historias específicas ou a colaborar economicamente en áreas de cobertura importantes. Este proxecto basearíase no modelo do micromecenado, e busca obter o máximo proveito das relacións entre as organizacións de novas e as dúas comunidades de lectores.

Distribución da primeira quenda do Fondo de Inovación da Digital News Initiative

PUBLICIDADE