Google anuncia un cable submarino que unirá EE.UU., Reino Unido e España

martes, 28 de xullo do 2020 Marcus Fernández

Para atender á alta demanda de tráfico entre ambos lados do Atlántico dende Google anuncian un novo cable submarino chamado Grace Hopper, que estenderase entre EE.UU., Reino Unido e España, e proporcionará un maior soporte para a rede que acolle os produtos empresariais e de consumo de Google.
Actualmente Google xa conta con outros cables submarinos privados (Curie, Dunant e Equiano), sendo Grace Hopper o primeiro cable submarino de Google que chegue a España, integrándose na futura rexión de Google Cloud en Madrid.
O novo cable estará equipado con 16 pares de fibras, o que supón unha actualización significativa da infraestrutura da Internet que conecta EE.UU. e Europa, e confíase en que o proxecto estea completo en 2022. O cable estará construído por SubCom, compañía que está a colaborar con Google para a incorporación de conmutación de fibra óptica, tecnoloxía que permite mover mellor o tráfico en caso de cortes.
O nome deste cable pode resultar familiar, xa que é unha homenaxe a unha pioneira informática, Grace Brewster Hopper, quen xogou un rol fundamental no desenvolvemento da linguaxe COBOL e tamén coméntase que foi a primeira en atopar un bug real nun programa informático (ou sexa, unha couza atrapada nun panel do ordenador Mark II que provocou un curtocircuíto, dando así nome aos erros nos programas informáticos.

Vídeo no que dan conta do futuro cable submarino de Google

PUBLICIDADE