Google Translate incorpora o soporte de éuscaro

venres, 14 de maio do 2010 Marcus Fernández

Exemplo do soporte de éuscaro en Google Translate

Google continúa a mellorar o seu servizo de tradución automática, e hoxe incorporou o soporte en alfa de 5 idiomas: o azarí, o armenio, o urdú, o xeorxiano e o éuscaro. Deste xeito, Google Translate suma un total de 57 idiomas, aínda que estes novos aínda achegan uns resultados pouco fluídos, pois aínda están a traballar na graduación destes novos idiomas da posición alfa.
Os usuarios poden contribuír ao sistema suxerindo traducións alternativas e corrixindo fallos detectados, de xeito que pouco a pouco irá mellorando o sistema para facilitar o acceso a contidos multilingües na web, o que van dende a tradución de textos ata a tradución de subtítulos de vídeos en YouTube.

PUBLICIDADE