Google Talk permite traducir instantaneamente a 10 idiomas

xoves, 20 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios do sistema de mensaxería instantánea Google Talk facilitan agora a realización de comunicacións internacionais evitando os atrancos idiomáticos mediante o uso de bots tradutores.
Os bots funcionan coma contactos que responden traducións, de xeito que as mensaxes remitidas a es2en@bot.talk.google.com converterán as nosas intervencións en español ó inglés, o que tamén se podería aplicar ós robots cos nomes de usuario ar2en, de2en, de2fr, el2en, en2ar, en2de, en2el, en2es, en2fr, en2it, en2ja, en2ko, en2nl, en2ru, en2zh, fr2de, fr2en, it2en, ja2en, ko2en, nl2en, ru2en e zh2en que indican as linguas de orixe e destino, ou, sexa, que falan español, inglés, alemán, francés, xaponés, coreano, ruso, italiano, chinés e holandés.

PUBLICIDADE