Google News incorpora novas locais

xoves, 7 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O servizo Google News vén de incorporar á súa versión estadounidense a opción de incorporar unha sección con novas locais para o que o usuario pode introducir o nome da cidade ou estado (ou o código postal) de xeito que as novas asociadas a tal localización xeográfica se poden ver tanto na sección correspondente como na portada personalizada do servizo de novas.
Pese a que só está dispoñible dende a web norteamericana, tamén funciona con cidades galegas, aínda que recollendo novas internacionais.

PUBLICIDADE