Google Meet achegase ao televisor a través de Chromecast

martes, 18 de agosto do 2020 Marcus Fernández

No confinamento disparouse o uso das ferramentas de videoconferencia en grupo para xuntanzas de traballo e para clases en liña, e dende Google queren incrementar as posibilidades da súa solución, Google Meet, incorporándolle compatibilidade con Chromecast, de xeito que cando esteamos nunha xuntanza en liña poderemos proxectala nos televisores do fogar, o que pode resultar moi práctico para, por exemplo, seguir unha lección nunha pantalla de grande tamaño (o que pode ser moi práctico para usuarios que accedan a Meet mediante smartphones).
Poder levar as xuntanzas de Meet ao televisor tamén pode resultar atractivo para xuntanzas de amigos e familiares, así como para reunións de traballo, achegando a comodidade dunha pantalla de grande tamaño para ver ao resto de participantes na xuntanza.
Para poder gozar de Google Meet en Chromecast é preciso que o noso dispositivo teña a última versión do seu firmware instalada.

PUBLICIDADE