Google Maps incorpora oficialmente vídeos de YouTube

mércores, 17 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Aínda que no mes de maio xa demos conta da posibilidade de integrar vídeos e imaxes en Google Maps, esta prestación pasa a presentarse oficialmente no servizo de mapas de Google, que agora conta cunha capa gráfica chamada Vídeos (no apartado Más na interface do sistema) que permite situar no mapa clips publicados en YouTube (descoñecemos se tamén publican vídeos doutras fontes). Tamén permiten consultar fotografías de Panoramio e entradas da Wikipedia (para completar información sobre cada concello ou enclaves de interese), polo que melloran a relación de Google Maps co resto de servizos web susceptibles de localización xeográfica.

PUBLICIDADE