Google Keep para iOS intégrase co Apple Watch
martes, 19 de febreiro do 2019
O servizo Google Keep, que facilita tomar notas, realizar
listaxes e almacenar fotografÃas e audio tirando proveito da nube de Google, e vén
de renovar a súa aplicación para iOS, incorporando como grande novidade a
posibilidade de empregar a aplicación no Apple Watch, o que supón unha grande
vantaxe para os usuarios frecuentes desta ferramenta, que poden asà consultar
as súas notas a xeito de tarxetas,
resultando especialmente atractiva a posibilidade de levar a listaxe da compra no
reloxo, para ir marcando os produtos segundo se van incluÃndo na cesta da
compra.
Unha
das funcionalidades máis atractivas de Google Keep no Apple Watch é poder
realizar anotacións mediante a voz, soportando tamén a posibilidade de tomar
notas mediante xestos. AÃnda que estamos nunha primeira versión, cunhas
funcionalidades moi básicas, cómpre lembrar que o servizo de Google Keep é
completamente de balde e facilita a sincronización das notas con dispositivos
Android e a web, polo que resulta moi atractivo para moitos usuarios.