Google Goggles facilita a resolución de sudokus

martes, 11 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

A tecnoloxía de recoñecemento de imaxes dende o móbil desenvolvida por Google está a mellorar considerablemente, de xeito que a versión 1.3 de Google Goggles non só recoñece códigos de barras (e códigos QR) a máis velocidade, senón que tamén é capaz de recoñecer anuncios impresos de xornais e revistas populares e incluso sudokus, de xeito que unha vez dixitalizados os puzzles, ofrécese a opción de que o propio sistema de Google amose a súa solución, o que agradecerán os usuarios que quedasen atascados na resolución dun destes pasatempos.
Estas novas funcionalidades están presentes na nova versión de Google Goggles para Android, podendo tamén gozarse das mesmas na aplicación móbil de Google para o iPhone (na que está dispoñible coma compoñente).


Vídeo que ilustra a resolución de sudokus a gravés de Google Goggles

PUBLICIDADE