Google Gears xa funciona en Firefox 3

mércores, 11 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Google continúa a mellorar a súa tecnoloxía para permitir o acceso aos datos gardados en servizos web cando se está fóra de liña, e a última versión de Google Gears vén de engadir soporte para Firefox 3, adiantándose ao lanzamento oficial do novo navegador de Mozilla.
Deste xeito, os usuarios que están a traballar coas versións candidatas do novo navegador poder xa empregar esta tecnoloxía para acceder aos correos de Gmail ou aos ficheiros de Google Docs cando non conte con acceso á Internet nun momento dado (aplicación moi útil para usuarios móbiles).
Amais, a ferramenta permite seguir a utilizar os servizos web fóra de liña para sincronizarse ao volver a acceder á Internet.

PUBLICIDADE