Google Fotos incorpora soporte de Live Photos
martes, 8 de marzo do 2016
Con iOS 9 e os iPhone 6s e 6s Plus chegaron as Live Photos,
fotografÃas de 12 MpÃxeles que recollen o movemento e o son dos instantes
anteriores e posteriores dándolles vida
e facilitando gardar no móbil momentos inesquecibles, pero con certos problemas
á hora de levalas fóra do smartphone, e para facilitar a súa conservación chega
agora Google
Fotos, servizo que vén de actualizar a súa aplicación para iOS de xeito que
xa permite
facer copias de seguridade e acceder a Live Photos, o que agradecerán
especialmente os usuarios que non queiran ter que pagar por ampliar a
capacidade de iCloud para facer copias de seguridade (xa que o servizo de
Google ofrece almacenamento ilimitado de balde). Deste xeito os usuarios de
dispositivos móbiles de Apple teñen un bo incentivo para apostar pola nube de
Google pese aos atrancos que Apple pon ao uso de servizos de terceiros que
poden funcionar en segundo plano.
A aplicación tamén axiliza a súa navegación e incorpora compatibilidade coa
pantalla partida para iPad e iPad Pro.