Google Earth permite voar sobre Madrid en 3D

venres, 29 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A xente que guste de aplicacións coma Google Earth recibirá cos brazos abertos o feito de que a cidade de Madrid vén de incorporarse á capa de Edificios 3D da ferramenta de visualización de Google, de xeito que podemos voar sobre a cidade de xeito que non só vemos as imaxes aéreas da mesmas, senón que tamén temos unha proxección tridimensional dos seus edificios, que en caso coma o de o Palacio Real de Madrid (residencia oficial do Rei), a Porta de Alcalá, o monumento de Alfonso XII no Parque do Bo Retiro, a fonte de Cibeles ou o Museo do Prazo poden verse un nivel de detalle notable grazas aos traballos de modelado desenvolvidos con aplicacións coma Google SketchUp e Google Building Maker.


Así vese agora Madrid grazas á capa de Edificios 3D en Google Earth

PUBLICIDADE