Google Docs incorpora o soporte de PDF

xoves, 12 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Accedendo ao anterior número en PDF da revista Código Cero dende Google Docs

O servizo de documentos de Google mellora o seu soporte de ficheiros, e aparte de servirnos para almacenar e consultar documentos en ODT, DOC, RTF, ODS, XLS e PPT tamén nos permite agora acceder a ficheiros en formato PDF, o que resulta moi práctico para acceder ao contido dun documento en equipos nos que non teñamos instalado o Acrobat Reader (o que nun futuro tamén se podería aplicar a moitos dispositivos móbiles).
O tamaño máximo dos documentos PDF aceptados por Google Docs é de 10 Mbytes, e durante a súa visualización podemos incluso realizar buscas sobre cos contidos, destacándose as palabras atopadas en cor amarelo. No momento de abrir un PDF se cargan as súas páxinas en calidade de miniatura, e cando se requise o detalle se carga automaticamente un gráfico de máis resolución que facilita a súa lectura.

PUBLICIDADE