Google Chrome estrea versións de proba para Mac OS X e Linux

venres, 5 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Despois dunha longa espera, o navegador Google Chrome estrea versións de proba oficiais para Mac OS X e Linux, aínda que advirten que son versións previas orientadas a desenvolvedores, posto que son produtos provisorios bastante inestables.
Dende Google cúranse en saúde e instan a non instalar o novo navegador «a non ser que sexan un desenvolvedor ou obteñas moito pracer con aplicacións informáticas incompletas, impredicibles e que se colga», o que parecería psicoloxía inversa se non fose porque os programas están claramente incompletos, polo que deixando claro que son produtos incompletos evitan duras críticas polos seus fallos, e permiten aos potenciais usuarios que vaian botando unha ollada ao produto.

PUBLICIDADE