Google Calendar estrea aplicación para iPhone

martes, 10 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Os usuarios que non estean satisfeitos coas aplicacións que veñen pre-instaladas no seu smartphone teñen cada vez máis opcións alternativas, e ao igual que Outlook convenceu a moitos como ferramenta para a lectura de correo electrónico, agora Google quere facer o mesmo cos calendarios, e estrea Google Calendar para iPhone, aplicación de balde que achega a experiencia de uso que tanto éxito tivo en Android a usuarios de iOS.
A nova aplicación permite converter correos electrónicos en eventos de xeito automático, realiza suxestións intelixentes á hora de crear eventos e tamén conta cunha vista de axenda para poder consultar os eventos cunha vista rápida (xa que enriquece os elementos con fotografías e mapas dos lugares aos que se pretende ir).
Entre as grandes vantaxes de empregar Google Calendar está que funciona con todos os calendarios do teléfono (incluíndo iCloud e Exchange), o que converte nesta aplicación en toda unha ferramenta imprescindible para os que pidan algo máis á aplicación de calendarios propia de iOS.


Vídeo de presentación da nova aplicación móbil de Google Calendar

PUBLICIDADE