Google AdSense estrea aplicación para Android

xoves, 1 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Os usuarios que integran o servizo publicitario de Google na súa páxina web, AdSense, teñen dende hai unhas horas dispoñible de balde en Google Play a aplicación oficial do servizo para móbiles con Android 4.0 ou superior, que facilita un acceso rápido e doado aos datos clave das contas de AdSense, como unha estimación dos ingresos xerados por publicidade, unha listaxe das principais páxinas web que xestionemos, unha listaxe coas canles personalizadas que xeren máis ingresos e alertas de pagamentos, o que parece un bo comezo para esta aplicación que aínda está na súa primeira versión, polo que é de agardar que nos vindeiros meses vaia progresando en función das esixencias dos seus usuarios.
Agora xa non hai que agardar a ter un ordenador diante para comprobar o rendemento económico da publicidade que xestionemos nos nosos espazos web, senón que poderá facerse tal en mobilidade, sempre que sexamos usuarios de dispositivos con Android (para o resto de plataformas móbiles tamén existen aplicacións semellantes, pero non son oficiais e normalmente son de pagamento).

PUBLICIDADE