Gmail permitirá enviar documentos de ata 10 Gbytes grazas a Google Drive

martes, 27 de novembro do 2012 Marcus Fernández

En abril o sistema de arquivos de Google Docs reformulouse converténdose nunha solución de almacenamento en liña chamado Google Drive, e que está a preparar a súa integración en Gmail, de xeito que nos vindeiros días será posible inserir ficheiros de Drive directamente no correo electrónico sen deixar Gmail, o que permite ampliar a limitación de tamaño máximo de arquivo ata 10 Gbytes, que é un tamaño 400 veces superior a un documento adxunto tradicional porque o documento non viaxe polos servidores de correo electrónico, senón que mantense no almacenamento de Google na nube.
Cando mandemos os documentos de Google Drive a través de Gmail o sistema preguntaranos o xeito no que queremos compartilos (por se queremos permitir só a súa visualización ou outorgar máis dereitos sobre o ficheiro). Temos así unha excelente solución para remitir fotografías, textos ou presentacións entre usuarios dos servizos de Google, que integrarase en Gmail en breve.

PUBLICIDADE