Gmail permite arrastar os ficheiros recibidos por e-mail ao escritorio do noso equipo

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

O servizo de correo electrónico de Google dende o navegador Chrome conta con algunhas funcionalidades pouco habituais coma o feito de poder arrastrar ficheiros para subilos coma adxuntos nas nosas mensaxes (ou incluso incrustar imaxes no corpo das mensaxes), e agora amplíase tal posibilidade de xeito que os ficheiros adxuntos recibidos tamén poderán copiarse ao noso equipo cunha simple operación de arrastrar e soltar.
Esta novidade en Gmail serve para ilustrar cómo as aplicacións web permiten un comportamento cada días máis semellante ao das aplicacións de escritorio tradicionais.


Exemplo de uso da nova funcionalidade de Gmail en Google Chrome

PUBLICIDADE