Gmail integra tradución automática de correos electrónicos

mércores, 20 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios do servizo de correo de Google, Gmail, poden activar unha das novas funcionalidades dos Gmail Labs chamada Tradución de mensaxes, que permite definir que as mensaxes recibidas en linguas distintas á configurada por defecto pasen polo tradutor de Google (que incluso soporta o galego) de xeito que os correos electrónicos estranxeiros amosarán a opción de traducilos á nosa lingua, o que agradecerán os usuarios que non se defendan ben en inglés (e outros idiomas).
As mensaxes de correo electrónico recibidas permanecerán almacenadas no seu formato orixinal, de xeito que a tradución deberá forzarse cada vez que as queiramos ler na nosa lingua, o que implica que tampouco poderemos localizalos mediante busca polas palabras que vexamos na súa versión traducida.

PUBLICIDADE