Gmail incorpora sinaturas de texto enriquecido

luns, 12 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Con esta nova funcionalidade de Gmail poderemos incorporar sinaturas personalizadas con gráficos de xeito automatizado

Corrixindo unha das súas eivas históricas, Google vén de mellorar o sistema de sinaturas nos correos electrónicos a través de Gmail, de xeito que xa non temos que asinar as nosas mensaxes con texto plano, senón que podemos empregar texto enriquecido, o que permite tanto xogar con tipografías coma incorporar imaxes (sempre que estean publicadas na web a través dun enderezo público) ou ligazóns.
Amais, esta funcionalidade non estará limitada á conta de correo baixo @gmail.com, senón que se un usuario xestiona varios enderezos de correo electrónico a través de Gmail, poderá definir sinaturas diferentes para cada un.
Esta novidades está dispoñible polo momento só a través da versión web principal do servizo, de xeito que se accedemos á súa versión de HTML básico ou móbil teremos que conformarnos coas sinaturas de texto plano.

PUBLICIDADE